Comentarios, anotacións e xurisprudencia sobre a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Comentarios, anotacións e xurisprudencia sobre a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Estudo sobre as políticas rexionais na Galiza en materia de innovación empresarial. Este traballo resultou gañador na XXVI edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública. (ORDE da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 26 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXVI edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia).
A Guía legal para autores e artistas de Galicia, do avogado especializado en dereito de autor, Ramón Rey García, é un documento de primeira necesidade para os protagonistas da industria cultural.
Coeditada pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, esta publicación aborda as principais cuestións xurídicas en materia de propiedade intelectual dos principais eidos artísticos e culturais co ánimo de ofrecer coñecemento xurídico da aplicación da lei de propiedade intelectual no ámbito da industria cultural.
Unha obra concibida dende unha vocación divulgativa que, sen obviar o rigor académico e a laboriosidade que implica o estudo do dereito, emprega unha metodoloxía accesible para o lector non xurista e que se ve apoiada, así mesmo, por achegas de expertos nos distintos campos da propiedade intelectual relacionados coas industrias culturais.

Lei 11/2008, do 3 de decembro, da pesca de Galicia e a súa modificación: lei 6/2009 do 11 de decembro.
Esta publicación recolle parte das resolucións ditadas no ano 2010 pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), tanto de expedientes de reposición da legalidade urbanística que se tramitan segundo o establecido na lexislación urbanística (LOUGA) como os que se tramitan na denominada liña de servidumbre de dominio público marítimo terrestre.
Recompilación normativa en materia de persoas maiores.