Catálogo da exposición temporal co mesmo título.
Catálogo da exposición temporal co mesmo título.
Esta publicación que lanzamos no marco do Programa de deseño para a innovación 2020 desenvolverase a través dun conxunto de entrevistas para pensar sobre o noso futuro na era pos-COVID, con algúns e algunhas dos/as mellores profesionais galegos/as do deseño a nivel galego, nacional e internacional.
O deseño para a innovación ocupa un lugar destacado na estratexia actual de crecemento, mercado interior, industria, emprendemento e pemes da Comisión Europea. Co obxectivo de mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño polas empresas como factor estratéxico relevante, esta primeira publicación, O deseño como motor. Casos de éxito quere poñer en valor a relación dos deseñadores coas empresas como elemento de competitividade.
O cambio político-social producido nos anos 60 a nivel internacional, repercutíu tamén, como é lóxico, na sociedade galega, onde a mocidade irrompe con forza tratando de romper cos moldes tradicionais e reformulando valores. Neste contexto, a toma de posesión de espazos, a canción substituía ao mitin, así nace en Santiago arredor do mítico ano de 1968 un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes. Este libro trata do contexto pasado e futuro arredor deste grupo.
DVD explicativo das medidas preventivas que se deben adoptar respecto dos equipos de traballo a bordo de buques de pesca. Está dirixido aos traballadores do mar.
Folleto divulgativo sobre as características e potencialidades do cooperativismo para o emprendemento e a creación de emprego.
A obra é unha análise do proceso de configuración da representación nacionalista do pasado de Irlanda entre o momento do nacemento do nacionalismo moderno irlandés e a consolidación do Estado Libre Irlandés, que consagra dito relato como historia oficial. Fúndase no estudo dos textos fundamentais da historiografía nacionalista , tanto das historias literarias/populares como das académicas, a partir da década final do XIX. Analízase a evolución da representación nacionalista do pasado dun modo comparado atendendo á definición do suxeito nacional, os contidos e a súa estruturación, os aspectos formais e a mensaxe política que trasmiten. Conclúese que o relato canónico final vén ser o resultado do proceso de perfeccionamento dunha interpretación inicial do pasado que permanece inalterable nos seus elementos historiográficos constitutivos, que son adaptados en función da evolución do contexto político e as esixencias da práctica académica do traballo histórico. En consecuencia, o estatuto científico da historia de Irlanda elaborada desde a perspectiva ideolóxica nacionalista resulta certamente precario.
Neste libro danse as claves de por qué a creatividade é tan importante para acadar un emprego e para o desenvolvemento das empresas actuais. Nun mundo tan cambiante como o que nos tocou vivir, a creatividade e a imnovación son elementos imprescindibles para adaptarse ás necesidades laborais e desenvolver unha boa carreira profesional.
Informe que pretende actualizar os datos agregados máis significativos do colectivo cooperativo. Prímase, na súa elaboración, a obtención de datos reais a través da análise acumulada dos datos relativos ás contas anuais depositadas no Rexistro de Cooperativas de Galicia. No nivel estrutural este informe divídese en tres partes: perspectiva xeral, análise económico-financeira e desenvolvemento institucional -políticas públicas- asociacionismo.
Manual de carácter divulgativo que relaciona o emprego como unha forma de calidade de vida
Catálogo das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego de Galicia correspondente ao ano 2009. Comprende unha reseña das principais actuacións e características dos traballos e actividades formativas realizadas en cada un dos proxectos, acompañadas dunha reportaxe fotográfica ilustrada. Así memo, recolle a localización xeográfica dos proxectos e os datos estatísticos provinciais e autonómicos.
Con esta publicación, preténdese achegar á sociedade o papel dos viveiros de empresas de Galicia como axentes de promoción económica e de creación do emprego. Efectivamente, a través da realización deste traballo, resáltase a importancia dos viveiros de empresa no ámbito da creación e consolidación de empresas, pois estamos ante un instrumento de apoio aos xoves empresarios.