Catálogo da exposición 'Pinceladas de realidade', montada polo Museo de Belas Artes da Coruña en 2005, sobre a obra de tres grandes pintoras, de longa traxectoria, integradas no movemento realista.
Catálogo da exposición 'Pinceladas de realidade', montada polo Museo de Belas Artes da Coruña en 2005, sobre a obra de tres grandes pintoras, de longa traxectoria, integradas no movemento realista.
Revista de carácter científico que recolle artigos dos mellores especialistas do mundo, no que atinxe ao Camiño de Santiago (arte, historia etc.).
Escolma de textos galegos de don Xosé F. Filgueira Valverde que non tenta ser representativa de todos os terreos (certamente numerosos) do espectro das Humanidades que frecuentou o polígrafo pontevedrés. A nosa escolla pertence ao eido da creación literaria (lírica e narrativa) e, sobre todo, dos estudos literarios. Conxuntamente, está representada a súa ampla traxectoria xornalística, que combina erudición, curiosidade e amenidade. Os textos respectan escrupulosamente os orixinais do autor e aínda levan algunhas notas que poden ser de utilidade. Está concibida, en todo caso, cunha intención clara de lle dar unha dimensión didáctica e divulgativa ao libro.
Pero Mafaldo, trobador cuxas orixes poden atoparse no norte de Portugal, arredor dos inicios do s. XIII, legou para a posteridade unha obra poética que non sobresae en número de composicións –xa que só conservamos nove cantigas do autor, copiadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa- mais si en diversidade e calidade, xa que cultivou os tres xéneros canónicos da lírica galego-portuguesa e dotounos de personalidade propia. Por isto, da man dos especialistas Manuel Ferreiro e Leticia Eirín, ofrécese unha edición crítica –seguida das pertinentes transcricións e reproducións, ademais dun glosario e rimario- que mellora os traballos anteriores sobre a obra de Pero Mafaldo.
Número 13, 2011 de 'Cadernos de Fraseoloxía Galega'. Contén 13 artigos verbo de diferentes aspectos da fraseoloxía e paremioloxía (en perspectiva taxonómica, cognitiva, histórica, xeográfica, literaria, didáctica ou de uso por idades). Ofrécense unhas 3.000 unidades fraseolóxicas galegas recollidas recentemente na Terra de Bergantiños (Galicia). Faise recensión de dez libros publicados recentemente e que conteñen traballos de 150 especialistas de todo o mundo. Dáse noticia de 6 congresos desenvolvidos no ano 2011, de 133 artigos ou libros de recente aparición e de 23 recensións desta especialidade: entre elas está a referencia detallada da aparición dun dicionario de fraseoloxía castelán-galego en formato electrónico e dunha aplicación paremiolóxica galega para Iphone. A información e a análise que forman este volume de 515 páxinas está elaborada por investigadores de todas as idades e niveis de ensino (incluído o básico) e de diferentes países europeos.
Publicación que recupera un importante material documental e epistolar entre dous persoeiros decisivos na historia literaria, cultural e sociopolítica da Galicia de aquén e alén mar na segunda metade do século XX. Consérvanse un total de sesenta e nove cartas cruzadas entre Piñeiro e Neira Vilas. O período que cobre esta correspondencia vai desde o 5 de xaneiro de 1959 ata xaneiro de 1990.
Obra do escritor Xosé Otero Espasandín, morto no exilio nos Estado Unidos, que recompila por primeira vez material de xornais e revistas, ao tempo que analiza as claves do seu quefacer lírico e a traxectoria biográfica do autor. Inclúe tamén a súa produción epistolar.
Actas do Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos nas que se recollen os artigos referentes aos relatorios e comunicacións presentados. Contén tamén un CD no que, mediante un índice, pode accederse aos arquivos en PDF e JPG dos pósteres que estiveron expostos durante as xornadas nas que se desenvolveu, na recepción do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Os pósteres recollen diversas experiencias, tanto de España como de Portugal, de xacementos musealizados e preparados para a visita do público. Aínda que a lingua prioritaria é o galego, mantivéronse as orixinais dos artigos (galego, castelán, portugués e inglés), debido á natureza internacional do evento.
Catálogo que recolle o traballo de sete fotógrafos do norte de Portugal, no que cada un nos amosa a súa particular visión fotográfica dunha catedral, a través dun percorrido polas sés do norte do país veciño.
Volume con textos e imaxes arredor da intervención realizada en Compostela por Manuel Ruibal, no ano 2004.
Estudo de como se debe pontenciar o cultivo de cerdeiras mediante a plantación de materiais seleccionados para a obtención de madeira.
Tese de doutoramento de Staffan Mörling -profesor da Universidade de Lund (Suecia)- que complementa e amplía o estudo das condicións de creación e de mantemento ou desaparición das dúas embarcacións máis significativas en Galicia, a dorna e a lancha xeiteira.