Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Epistolario Ramón Piñeiro - Xosé Neira Vilas
Publicación que recupera un importante material documental e epistolar entre dous persoeiros decisivos na historia literaria, cultural e sociopolítica da Galicia de aquén e alén mar na segunda metade do século XX. Consérvanse un total de sesenta e nove cartas cruzadas entre Piñeiro e Neira Vilas. O período que cobre esta correspondencia vai desde o 5 de xaneiro de 1959 ata xaneiro de 1990.