O Cancioneiro de Pero Mafaldo

Coautor/a
Eirín García
Leticia
Coautor/a
Ferreiro
Manuel
7,50 €
Sinopse

Pero Mafaldo, trobador cuxas orixes poden atoparse no norte de Portugal, arredor dos inicios do s. XIII, legou para a posteridade unha obra poética que non sobresae en número de composicións –xa que só conservamos nove cantigas do autor, copiadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa- mais si en diversidade e calidade, xa que cultivou os tres xéneros canónicos da lírica galego-portuguesa e dotounos de personalidade propia. Por isto, da man dos especialistas Manuel Ferreiro e Leticia Eirín, ofrécese unha edición crítica –seguida das pertinentes transcricións e reproducións, ademais dun glosario e rimario- que mellora os traballos anteriores sobre a obra de Pero Mafaldo.

Ficha técnica

ISBN-13
978-84-453-5167-3
Editorial
S. X. de Política Lingúística - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Santiago de Compostela
Ano de edición
2014
Edición
Lingua/s
Galego
Ilustracións
cor
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
211