Cadernos de fraseoloxía galega 22

Material textualCadernos de fraseoloxía galega 22
Director/a
González
Rey
María Isabel

Datos

ISSN
2605-4507
Edita: Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2022
Edición: 
Lingua: 
Colección: 
Cadernos de fraseoloxía galega
22
Ilustracións: 
non
441 páxinas

Sinopse

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta o seu número 22. Este novo volume está composto por sete artigos de temática moi variada que xiran arredor de cuestións como a variación fraseolóxica diatópica, a didáctica da lingua galega a través dos refráns, a desautomatización fraseolóxica, o tratamento da fraseoloxía nos dicionarios, o refraneiro sobre o mes de outubro nas linguas romances, o tratamento das siglas en situacións comúns heteroxéneas e a influencia do folclore nas unidades fraseolóxicas. Tamén se inclúen dúas recadádivas (a primeira, da fraseoloxía de Xermade e a segunda, do Morrazo), oito recensións e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2020.

Comparte