Cadernos de fraseoloxía galega 24Datos
Sinopse
Cadernos de Fraseoloxía Galega presenta o seu número 24. Este volume está composto por sete artigos de temática diversa que tratan cuestións como a fraseoculturoloxía e fraseodidáctica no ensino de español como lingua estranxeira, a expresión das emocións e as locucións somáticas en francés e romanés, o uso de expresións fixas por parte de pacientes nas consultas médicas, a variación en unidades fraseolóxicas desde un punto de vista diacrónico, o ensino de español para estranxeiros a través da lingüística de corpus, as unidades fraseolóxicas contidas en contos humorísticos escritos por nenas e nenos e a simboloxía do raposo na fraseoloxía do chinés. Ademais, achégase unha recompilación de unidades fraseolóxicas manifestadas na zona do Couto de Oíns (Arzúa) e nove recensións de obras recentes sobre a fraseoloxía. Por último, déixase constancia das últimas novidades bibliográficas máis destacadas.





