
Datos
Sinopse
O cancro de tiroides desenvólvese nos tecidos da glándula tiroides. O tratamento estándar é a cirurxía; con todo, en pacientes con altos riscos cirúrxicos (pacientes deteriorados ou con varias intervencións) ou que non queren operarse, deben buscarse outras alternativas. Os procedementos minimamente invasivos como son a ablación por láser (LITT: láser intersticial terapia tumoral) ou a ablación por radiofrecuencia (RF) poden ser unha das alternativas. O obxectivo deste informe é avaliar, mediante revisión sistemática, o tratamento do cancro recorrente de tiroides mediante ablación por láser ou radiofrecuencia en relación coa súa efectividade e seguridade fronte á cirurxía como terapia estándar.