
Datos
Sinopse
Xistral (Lugo, 1949), foi una revista poética creada por Manuel María, o poeta de Outeiro de Rei, xustamente cando tiña vinte anos e aínda non publicara Muiñeiro de brétemas (1950), o seu primeiro poemario. Xistral, que toma o seu nome da Serra do Xistral luguesa, tirou unicamente dous números e foi publicación bilingüe coma todas as daqueles anos da posguerra. Foi unha aventura individual, de xuventude, sen medios económicos. Aínda así, tres grandes nomes da nosa lírica figuran nas súas páxinas: Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel e Aquilino Iglesia Alvariño. Este facsímile recupera unhas páxinas poéticas esquecidas e hoxe inencontrables, xustamente cando o Día das Letras 2016 está dedicado ao seu fundador: Manuel María Fernández Teixeiro.
Librarías que distribúen esta publicación
Libraría de segunda man e libro vello. Vinilos e pezas de coleccionista.

Libraria especializada en libros galegos e portugueses
