
Datos
Sinopse
Desde as súas primeiras obras de corte conceptual, realizadas a comezos da década dos setenta, o arxentino Víctor Grippo construíu unha persoal poética do cotián, na cal os materiais orgánicos, as ferramentas e os utensilios domésticos conviven cos métodos e instrumentos da ciencia.
En 2013 o Centro Galego de Arte Contemporánea organizou a primeira gran retrospectiva europea deste artista, cuxo traballo, transcorrida xa máis dunha década desde o seu falecemento, segue a sorprendernos pola súa sinxeleza e a súa profunda actualidade.
O catálogo da exposición propón un achegamento á obra de Víctor Grippo desde catro perspectivas diferentes e complementarias: a da comisaria da mostra, Alicia Chillida; a do crítico e historiador da arte británico, especializado na arte de América Latina, Guy Brett; a da historiadora da arte arxentina María Casanegra, e por último, a do científico e estudoso da obra de Grippo Dante Isidoro Poletto.