Sinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia

Material textualSinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia
Autor/a
Gaos
Berea
Andrés
Revisor/a
Joám
Trillo
Pertence á serie 

Datos

ISMN
979-0-801249-20-3
ISMN
979-0-801244-65-9
Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Turismo; Axencia Galega das Industrias Culturais, 2019
Edita: Baiona: Dos acordes, 2019
Edición: 
Colección: 
Ars Gallaeciae Musicae
33
Tapa branda
166 páxinas
29x21cm
Material anexo: 
CD

Sinopse

Obra coeditada pola Agadic e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, Serie Agra Vella.
Nas montañas de Galicia foi composta en Bos Aires entre 1917 e 1919 e, aínda que premiada en concursos auspiciados pola Institución Mitre en 1923 e polo Centro Galego de Bos Aires trinta anos máis tarde, o autor non podería ver estreada a súa obra (só o seu último tempo, Danza campestre), pois a sinfonía completa se estrearía en conmemoración do centenario do seu nacemento, quince anos despois da súa morte, durante as xornadas galegas organizadas polo Centro Galego de Bos Aires o 28 de xullo de 1974. A estrea europea tería lugar ao ano seguinte na Coruña, no Teatro Colón.
En palabras de Joam Trillo, estamos ante unha sinfonía cos seus movementos convencionais -mutatis mutandis- estruturados como os dunha sinfonía clásico-romántica pero con elementos cíclicos e cunha temática totalmente galega, aínda que non comporte necesariamente que o tema en cuestión sexa recoñecible na tradición ou nos cancioneiros, dado que algúns son do propio autor e outros sofren transformacións ata facelos irrecoñecibles.
Contén CD coas partes instrumentais.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 
70,00 €

Comparte