Revista Galega do Ensino EDUGA | Núm. 69

Material textualRevista Galega do Ensino EDUGA | Núm. 69
Entidade
Secretaría Xeral de Política Lingüística

Datos

ISSN
2171-6595
Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2015
Edición: 
Lingua: 
Ilustracións: 
cor

Sinopse

Revista especializada na educación, que mudou do formato tradicional en soporte físico para o soporte informático.
Dende o número 59 ten un novo ISSN, asignado polo Centro Nacional de ISSN: o 2171-6595.
Continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega -profesorado, alumnado, nais e pais-. Inclúe un foro educativo, con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de opinión, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, unha biografía, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas), recensións de obras recentemente editadas e información sobre lexislación e actividades culturais diversas, relacionadas co mundo educativo en Galicia, España e Europa, nos distintos niveis.
Ao tratarse dunha publicación puramente on line (sistema de aplicación web tipo xornal dixital), non existe unha entidade de contraportada como tal , polo que para a colocación de logotipos de obrigado cumprimento recomendamos e empregamos a sección que recolle o Consello Editorial, o Consello Asesor, o Consello de Dirección e o Comité de Redacción e outros datos técnicos.
Para acceder á publicación, deben dirixirse a http://www.edu.xunta.es/eduga.