
Datos
Edita: Santiago de Compostela:
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública,
2022
Edición:
1ª
Lingua:
Sinopse
A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa "Aliméntate ben", que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de educación primaria.