
Datos
Sinopse
Obra coeditada pola AGADIC e Dos Acordes, dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, serie Agra Vella.
Aínda que recoñecido maioritariamente polas súas 'Seis baladas galegas', para voz e piano, Juan Montes Capón abordou case todas as posibilidades de repertorio, dende relixioso a bailables, pezas para banda, orfeón, sinfónicas... a maior parte del xa publicado. Porén resulta completamente descoñecido na súa faceta de autor para piano, obra recuperada por Joám Trillo e Carlos Villanueva e xa publicada como 'Obras para piano (I). Juan Montes Capón'. Este segundo volume completa a obra pianística ata agora recuperada; inclúe a música para piano a catro e seis mans, composta, maioritariamente, por bailables (mazurcas, valses, polcas, habaneras, etc.) pensados para a súa interpretación no Círculo de Bellas Artes de Lugo, onde traballaba como pianista, e no mosteiro das Clarisas de Monforte, onde profesaba a súa sobriña.