
Datos
Sinopse
Informe de avaliación sobre a eficacia e seguridade do tratamento con nutrición enteral domiciliaria mediante suplementos nutricionais orais (SNO) en pacientes oncolóxicos que requiren modificación da dieta ordinaria habitual por mucosite oral (MO). Non se puido incluír ningún estudo debido a que non se localizou ningún ensaio clínico que estude a utilidade dos SNO no manexo de pacientes oncolóxicos que presentan MO. Estes pacientes deberían recibir apoio mediante un correcto asesoramento nutricional dirixido a medidas hixiénicas e dietéticas encamiñadas a facilitar a deglución dos alimentos mentres sexa posible.