Nudibranquios das costas de Galicia: As cores do AtlánticoDatos
Sinopse
Este libro tenta ofrecer unha simple ferramenta visual de identificación destes rechamantes moluscos pertencentes á orde Nudibranchia, coñecidos popularmente como lesmas de mar ou nudibranquios, mediante fotos realizadas no seu hábitat natural, a toda persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, mariñeiros ou ata simples observadores das pozas intermareais.




