Informe técnico do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2015

Material textualInforme técnico do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2015
Autor/a
Gómez
Amorín
Ángel
Autor/a
Álvarez
Cortiñas
Manuel
Autor/a
Suárez
Luque
Silvia

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública, 2016
Edición: 
Lingua: 
Colección: 
F: Información de resultados de programas, proxectos ou plans
50

Sinopse

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Trátase dun programa que realizan todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, desde o ano 1988.
Na nosa comunidade autónoma, a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 134112007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.

Comparte