Informe sobre a situación demográfica de Galicia

Material textualInforme sobre a situación demográfica de Galicia
Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez
Galdo
María Xosé

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2023
Edición: 
Lingua: 
Colección: 
Informes do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
254 páxinas
30x21cm

Sinopse

Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en novembro de 2023. O informe analiza de forma extensa ao longo de seis capítulos os aspectos fundamentais da situación demográfica de Galicia, tendo unha parte final dedicada a unha análise DAFO-CAME e varios Anexos.
Consonte coa misión do Observatorio téntase achegar unha resposta a preocupación polas dinámicas demográficas non só dos xestores públicos e privados senón tamén dun cada vez máis amplo sector da cidadanía galega. Quérese avanzar na interpretación e alcance dos comportamentos demográficos, evitando as visións curtopracistas .
Un Informe das características do aquí presentado nútrese en boa medida das fontes de datos e indicadores elaborados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) e polo INE (Instituto Nacional de Estadística), e tamén da recompilación das distintas series elaboradas por consellerías e organismos da Xunta de Galicia e por entidades provinciais e locais así como por diversos organismos ministeriais do Goberno de España. Da súa utilización, e da inclusión puntual dalgunha outra fonte de datos como Eurostat, dáse conta nos distintos epígrafes.

Comparte