Guía do acompañamento da muller e do contacto pel con pel na cesáreaDatos
Sinopse
Documento que ten como obxectivo homoxeneizar, en todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde, para aquelas mulleres que así o deciden:
-o acompañamento da muller pola persoa de confianza que ela decida, durante o nacemento por cesárea.
-o contacto pel con pel precoz e ininterrompido nai-neno/a recentemente nado/a tras a cesárea, tanto en quirófano como durante a recuperación posterior á cesárea, antes do seu traslado conxunto á planta de hospitalización.


