Guía de lactación maternaDatos
Sinopse
A lactación materna é a forma ideal e natural de achegar aos nenos e nenas os nutrientes que necesitan para un crecemento e desenvolvemento saudables. Malia recoñecerse a súa repercusión positiva, o índice de lactación materna na área sanitaria de Santiago de Compostela é mellorable mediante unha política de promoción da lactación materna que adopte os criterios globais mínimos da Iniciativa da Humanización da Asistencia ao Nacemento e a Lactación (IHAN da OMS/UNICEF). Esta guía pretende difundir a normativa escrita de lactación a todo o persoal, co fin de unificar a actuación, garantir a competencia de profesionais, facilitar a continuidade na implantación de boa práctica e, en definitiva, ofrecer unha atención humanizada e de calidade.

