Estratexia galega sobre discapacidade, 2015-2020

Material textualEstratexia galega sobre discapacidade, 2015-2020
Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, 2017
Edición: 
Lingua: 
193 páxinas
30x21cm

Sinopse

A Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020 é o instrumento de planificación que o Goberno da Xunta de Galicia pon ao servizo da comunidade para seguir avanzando na igualdade de oportunidades e na aceptación das diferenzas para un grupo de poboación heteroxéneo con necesidades e demandas diversas. Susténtase nunha metodoloxía de elaboración participativa, na que interviñeron tanto o movemento asociativo do ámbito da discapacidade coma os departamentos da Administración autonómica e colexios profesionais. Ten por obxecto impulsar accións que contribúan a que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente e teñan poder de decisión sobre a súa propia vida. Así mesmo, refórzanse aspectos que contribúen a unha verdadeira participación activa na comunidade, sen esquecer a importancia da accesibilidade para facelo factible. Estrutúrase en:
• 6 liñas estratéxicas. Correspóndense coas grandes áreas de intervención que se pretenden abordar.
• Obxectivo estratéxico. Asociado a cada liña estratéxica, representa a meta ou obxectivo xeral pretendido.
• Obxectivos operativos. Representan as metas concretas que contribúen á consecución do obxectivo estratéxico e que, polo tanto, deben posibilitar a súa realización a través dun conxunto integrado de actuacións.
• Actuacións. Son propostas concretas para a acción, as medidas a través das que se pretende materializar cada un dos obxectivos operativos da Estratexia.

Comparte