Documentación epigráfica do teónimo deus Lar Berobreus. Edición e comentario lingüístico Datos
Sinopse
Volume inaugural da colección "Tesouro paleogalaico" que presenta o primeiro estudo lingüístico das aras dedicadas ao deus Lar Berobreus aparecidas no santuario tardorromano (s. III-VI d. C.) do monte do Facho, na parroquia de Donón, Cangas, Pontevedra. O traballo consta de tres capítulos: un comentario arqueolóxico de José Suárez Otero, que serve de marco introdutorio á análise lingüística propiamente dita; un comentario lingüístico das epígrafes, de Juan Carlos Búa Carballo, e un catálogo dos altares do Facho con texto total ou parcialmente lexible, do mesmo Juan Carlos Búa en coautoría con Beatriz García Turnes e Isabel Beltrán López.
Librarías que distribúen esta publicación
VENTA EN INTERNET. (Visita a nosa web). Máis de 12.000 títulos. Librería especializada en libros de...

Librería independente e xeral de fondo con ampla variedade de títulos e seccións con especial énfase no libro en...


