
Datos
Sinopse
Divinas palabras Revolution conforma o nº 3 da colección O papel do teatro, que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas, nesta versión de Manuel Cortés e Xron de Divinas Palabras de Valle-Inclán non veremos unha tradución directa das palabras de don Ramón sobre o escenario. Neste caso, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade que reviven, inconscientes, o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.
Librarías que distribúen esta publicación
Somos unha libraría familiar, situada na cidade galega de Ferrol. A equipa de Central Libreira adicáse a...
