Texto consolidado da lei 7/2012, de montes de Galicia
Texto consolidado da lei 7/2012, de montes de Galicia
Medidas básicas para a prevención dos TME entre os traballadores das explotacións de gando vacún (carne e leite), como resultado dun estudo biomecánico de todas as tarefas realizadas polo persoal en cada unha das zonas de traballo destas explotacións.
Tríptico coa descrición dos riscos e efectos sobre a saúde do persoal nas explotacións de gando vacún, así como unha relación de consellos útiles e exercicios de quencemento previos á actividade para previr os trastornos musculoesqueléticos no seu traballo.
Cartel cunha relación de consellos útiles e exercicios de quencemento previos á actividade das traballadoras e dos traballadores das explotacións de gando vacún, para previr os trastornos musculoesqueléticos no seu traballo.
Publicación baseada na actividade do servizo de información sobre teratóxenos do Servizo Galego de Saúde, na que se recollen fichas breves con información sobre o risco da utilización dos diferentes medicamentos na muller embarazada.
Documento no que se recollen os principais riscos e medidas preventivas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Documento electrónico en liña no que se recollen a situación do sector forestal en Galicia, consellos útiles e boas prácticas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Documento no que se recollen as principais medidas preventivas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Cartilla concibida para rexistrar os datos sanitarios de interese e levar un control de vacinas que se van administrando ao longo do período de vixencia destas, así como outros datos que consideren relevantes as persoas profesionais sanitarias.
Publicación que recolle una longa serie de consellos para os coidados infantís durantes os primeiros anos de vida. Dirixidos ás nais e aos pais.
Publicación realizada co obxectivo de fomentar a lactación materna, sobre a base de moitos estudos científicos que demostran que os bebés aleitados teñen un mellor estado de saúde e menor risco de padecer enfermidades.
Obra que resume o proceso de romanización en Bueu e contextualízaa na península do Morrazo e na Galaecia romana. A base para iso son as escavacións realizadas nesa localidade hai uns anos dunha factoría de salgaduras e uns fornos romanos. Os datos extraídos e os materiais arqueolóxicos permiten engarzar cunha parte importante do discurso do Museo Massó cuxa orixe se encontra nunhas fábricas de conservas contemporáneas. Publicación ilustrada con fotografías, debuxos e mapas con carácter divulgativo.