Nos inicios do Movemento Abstracto, nas décadas do cincuenta e sesenta, os artistas Molezún, Mampaso, Labra e Caruncho teñen una presenza moi activa no seu desenvolvemento. O catálogo desta exposición afonda nese período de grande interese para a arte galega contemporánea. Por medio de escritos e textos de historiadores e críticos, e a selección de obras, analízase a traxectoria dos artistas relacionados no contexto histórico 1950/1970.