Obra coeditada pola AGADIC e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, serie Agra Vella. A publicación engloba obras para piano de Juan Montes froito fundamentalmente do baleirado dos fondos conservados no Seminario de Lugo e no convento das Clarisas de Monforte, en edición crítica de Joám Trillo e coa introdución de Carlos Villanueva.