Obra que recolle, de forma documental e gráfica, unha década de obras nos Camiños de Santiago en Galicia, que abrangue desde a rehabilitación de edificios para acondicionalos como albergues para peregrinos ata a construción doutros de nova planta para desempeñar a mesma función, e que conforman a Rede Pública de Albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Esta publicación foi seleccionada para os Premios de Deseño Editorial Daniel Gil, 2004.