Catálogo

Amosando 2029 - 2040 de 2048
6,00 €
Lingua/s
Galego

Publicación editada en 2001, conmemorativa do vixésimo aniversario do Estatuto de autonomía de Galicia. A través de distintos artigos e mais dunha cronoloxía que reflicte os eventos e sucesos máis importantes acontecidos na nosa comunidade durante eses vinte anos –ilustrados coas portadas dos xornais galegos máis salientables–, amósase como mudou Galicia nese período de tempo. Inclúe unha cinta de vídeo VHS.

18,00 €
Autor/a
Guitián
José
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición: José Guitián. Fotógrafo en Compostela. 1950-1980. Con textos de Manuel F. Rodríguez e José Seijo Guitián. Recóllese unha ampla selección da obra fotográfica deste autor, recuperada para realizar a exposición e este catálogo, con imaxes na súa maioría inéditas. Coa súa cámara e durante corenta anos de traballo, José Guitián retratou Santiago e a súa veciñanza. As súas fotografías son hoxe un testemuño da vida compostelá durante estas catro décadas.

Temáticas
28,00 €

Catálogo da exposición, enmarcada nos actos conmemorativos do 400 Aniversario do Colexio de San Clemente, que recolle as obras de 29 artistas que tiñan como nexo a súa vinculación con este centro de ensino por ser nalgún momento profesores ou alumnos seus. Asorey, L. Garabal, Vidal Abascal, López Carballo ou Sevillano son algúns dos nomes aquí representados.

Temáticas
Lingua/s
Galego

Memoria do ano xacobeo 2004, que recolle todos os eventos realizados dentro e fóra de Galicia con motivo do primeiro ano santo compostelán deste milenio: congresos, seminarios, exposicións, publicacións, concertos, etc.

10,00 €

Libro resumo da exposición Camiño de Paz. Mane Nobiscum Domine, que tivo lugar na catedral de Ourense no 2005, con motivo da celebración do ano dedicado polo papa Xoán Paulo II á Eucaristía. A mostra facía un percorrido pola historia e a arte de Galicia, en conexión co resto de Occidente, para evidenciar así a pegada do legado evanxélico na creatividade cultural galega, a través de pezas de ourivería, escultura, pintura, etc.

35,00 €

Libro-catálogo da exposición celebrada en Compostela no ano santo de 2004 que, ademais do catálogo de obra da mostra, recolle estudos de recoñecidos autores de España, Italia e Portugal sobre a figura do príncipe Cosme III de Médicis e a súa visita a Compostela, en 1669. A través das súas páxinas coñeceremos a España que percorre, reflectida nas magníficas acuarelas de Pier Maria Baldi, a arte florentina da época, a música, a lingua, etc.

28,00 €

Libro-catálogo da exposición 'Galitzia en Galicia. A arte de Cracovia e a Pequena Polonia', que nos introduce na arte polaca, con obras procedentes do Museo Nacional de Cracovia e de varios conventos e igrexas da zona. A estrutura da mostra era a que segue: arte sacra e artesanía artística (desde o Románico ata o século XVIII), cadros e esculturas (ss. XIX e XX), e obras de tres artistas de vangarda: Witkacy, Bruno Schultz e Tadeus Kantor.

Temáticas
5,00 €

CD-ROM editado co gallo da celebración do MC aniversario do nacemento de san Rosendo. Nel trátanse diversos aspectos da súa vida e mais da súa época, o século X. A historia do santo e da súa familia, Galicia no reino ástur-leonés, a arte do momento e a fortuna de san Rosendo forman parte do estudo pormenorizado que se fai da súa figura e do seu tempo.

35,00 €
Prologuista
Molina Foix
Vicente
Editor/a literario/a
Singul
Francisco
Lingua/s
Galego

Novidoso libro colectivo, que celebra a escenificación do drama litúrxico "O Misterio de Elche" na igrexa compostelá de San Martiño Pinario. Con prólogo de Vicente Molina Foix e coordinado por Francisco Singul, nel participaron investigadores, historiadores e filólogos de varias universidades, nun conxunto de textos que forman unha sorte de fusión da cultura da "Festa" (Misteri d'Eltx) e o legado patrimonial do Camiño de Santiago.

Autor/a
Neira Cruz
Xosé A.
Ilustrador/a
López
Noemí
Lingua/s
Galego

Conto infantil escrito por Xosé A. Neira Cruzcon motivo da exposición A viaxe a Compostela de Cosme III de Médicis. Renato Ratoni acompaña o Príncipe na súa viaxe por España e Portugal, e iso serve de escusa para amosarlle ao público infantil as principais obras da exposición neste conto, con ilustracións de Noemí López.

28,00 €

A exposición 'O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no Camiño de peregrinación' abriu as súas portas no Museo do Pobo Galego no verán de 2004. Tratábase de lembrar a importancia que estes centros de acollida tiveron ao longo da historia da peregrinación a Compostela, ao tempo que se conmemoraban os 500 anos da construción do Hospital Real de Santiago por parte dos Reis Católicos. Neste libro-catálogo, ademais de figurar todas as pezas que formaron parte da citada mostra, faise un estudo pormenorizado da asistencia hospitalaria e do propio Hospital Real de Santiago.