Estudo detallado da arquitectura modernista compostelán. Destacan, entre outras características, as influenzas que recibiu de anteriores movementos, xunto coas novas correntes internacionais de principios do século XX.
Estudo detallado da arquitectura modernista compostelán. Destacan, entre outras características, as influenzas que recibiu de anteriores movementos, xunto coas novas correntes internacionais de principios do século XX.
Catálogo que recolle obras do colectivo Dez + Dez onde se poden ver as diferentes formas de expresión artística dentro da pintura das novas xeracións que irrompían con forza a principios do século XXI.
Este volume analiza a traxectoria conxunta de Concha Jerez e José Iges, desenvolvida durante máis de tres décadas arredor do concepto de resignificación. Desde prácticas inicialmente diferenciadas —visual e sonora—, ambos converxen nun territorio intermedio onde a linguaxe, a imaxe, o son e o espazo se entrelazan. A súa obra, a través de instalacións, performances e radioarte, aborda cuestións como a censura, a manipulación dos medios de comuniciación e a vixilancia. Inserido nas correntes conceptuais e experimentais que teñen a súa orixe nos anos sesenta do século pasado, a obra de Jerez e Iges explora a resignificación como estratexia capaz de reconfigurar significados e de abrir novas interpretacións críticas.
Catálogo monográfico sobre a exposición Convidadas: dúas miradas de Zuloaga.
Número dezasete de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título “Iacobus Harmonicus: Santiago, Compostela e a música”, o volume que presentamos aos nosos lectores reúne artigos especializados en musicoloxía. O obxectivo é abrir, por vez primeira, os estudos composteláns á perspectiva musicolóxica e histórica máis ampla posible, para examinar “Santiago, Compostela e a música” coa idea de ecos e harmonías sonoras que resoan cunha historia milenaria e que xa están presentes nas paisaxes sonoras contemporáneas. Turismo de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúas partes monográfica e xeral.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2025 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Proxecto expositivo experimental que leva a cabo o poeta e escritor Antón Lopo que se desenvolveu na Casa da Parra e que ten como precedente unha serie de experiencias compartidas no bulleiral de Portocarreiro, Arzúa.
Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.
Número dezaseis de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título A novela histórica sobre a Idade Media e o Camiño de Santiago, estúdase a representación medieval do Camiño nas novelas históricas, así como os seus editores, autores etc. Os artigos que lle dan forma a este volume analizan publicacións relativas a este tema editadas nos últimos corenta anos no mundo hispano, francés e anglosaxón. Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúa parte monográfica e xeral.
Catálogo da exposición "José Suárez. Ollos vivos que pensan" con amplios textos de estudo dos comisarios e especialistas en fotografía. O catálogo é a obra máis completa ata o momento da vida e a obra do fotógrafo José Suárez, e incorpora unha gran cantidade de material inédito referente á súa vida.
Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión combinando a práctica da fotografía coa escultura e a instalación.
Coas súas pezas crea atmosferas oníricas en cuxa realidade paralela coexisten a gravidade e a ingravidez, e onde as fronteiras entre o apracible e o tráxico se dilúen para suxerir estados de ánimo que na súa ambigua intensidade integran estes opostos.
As súas paisaxes, compostas por non-lugares de silencio e quietude, fálannos da suspensión do presente e da inmersión nun novo universo gravitacional, onde o tempo se retarda, o instante se alonga e o suxeito devén en natureza.
A escola da noite foi a obra galardoada na sexta convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en 2023. Nas páxinas deste ensaio, Aitor Marcos consegue debuxar unha suxestiva e cativadora autobiografía intelectual balizada por multitude de referencias de ámbitos como a filosofía, o cinema ou a literatura universal. Cun rexistro que bascula entre o ensaio, a crítica e o xénero diarístico, Marcos lévanos da man nunha viaxe por algúns dos fitos da arte e da literatura universal, desde Filippo Marinetti, Gordon Matta-Clark, Bas Jan Ader ou Derek Jarman ata Andréi Tarkovski, Tolstoi, Pier Paolo Pasolini, Susan Sontag ou Angélica Liddell.