Catálogo da exposición Rafael Úbeda. Visión retrospectiva.
Catálogo da exposición Rafael Úbeda. Visión retrospectiva.
Catálogo da exposición temporal Arquitecturas que falan do seu tempo, organizada polo Museo de Belas Artes da Coruña. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes, desde a súa creación o 31 de outubro de 1849 ata a actualidade.
Monografía ilustrada con texto e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.
Catálogo dos fondos de numismática romana do museo, con identificación individualizada de cada peza e estado previo do proceso de formación das coleccións do Museo Provincial de Ourense.
Catálogo da exposición temporal sobre o pintor Ramón Parada Justel realizada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no ano 1991, onde se recolle tanto a súa traxectoria vital como artística.
Información documental gráfica que recolle as pezas que figuran na exposición: Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI.
Artigos de varios autores que analizan polo miúdo as intervencións arqueolóxicas realizadas na cidade de Ourense e que serven de soporte científico á exposición: Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI.
Catálogo da mostra do mesmo nome que recolle unha selección de fondos do Museo de Ourense para facer visible a súa existencia en canto permanece pechado polas obras de remodelación. Complétase o catálogo cunha introdución sobre o edificio no cal se exhibe a mostra e unha sucinta historia do museo.
Catálogo onde se estudan as medallas conmemorativas españolas que forman parte das diferentes coleccións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en outubro de 2018 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2018.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2017 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2017 "Voando o pasado: fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia".
Este catálogo ofrece unha visión completa e abranguente da obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) ao longo de máis de cincuenta anos de carreira, ao tempo que permite abordar, na súa complexidade, unha das figuras máis senlleiras do contexto artístico galego. Coa axuda de múltiples voces chegadas de ámbitos tan diversos como a historia da arte, a crítica ou a poesía, o libro propicia unha apreciación actualizada da orixinalidade da obra de Lamazares.
Achegarse ao seu traballo é experimentar o silencio, formar parte dunha constelación marabillosa que nos brinda estados de contemplación e intensifica o gozo. A súa pintura é o resultado da sabedoría e a grandeza de saber rescatar a humildade, a sinxeleza, o vigor, a coraxe, o corazón, o amor, a morte, a plenitude... nun universo de verdade e silencio.