Nesta guía expóñense os contidos básicos que debe saber todo usuario profesional para a renovación do carné básico de produtos fitosanitarios.
Nesta guía expóñense os contidos básicos que debe saber todo usuario profesional para a renovación do carné básico de produtos fitosanitarios.
Informe xeral de actividade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no ano 2015, na que, tras unha breve reseña da natureza e función desta axencia pública autonómica, exponse a actividade desenvolvida durante o exercicio 2015, así como os principais logros acadados.
Estudo, análise, diagnose, posta en valor e divulgación do patrimonio cutural, material e inmaterial da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés. Rutas de sendeirismo e rutas de BBT.
Resumo e fichas verbo do patrimonio material e inmaterial e os elementos que compoñen a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, en todos os seus concellos.
Estudo sobre fíos e cores utilizados na elaboración do encaixe, que posibilitará a súa utilización como manual por parte do usuario final. Recóllense ademais vinte e cinco novos motivos, coas súas correspondentes variantes e cor e fichas informativas de cada deseño. Esta publicación servirá de orientación ás entidades e colectivos que elaboren, comercialicen e fagan uso de produtos de encaixe, entre os que se atopan palilleiras, asociacións de palilleiras, deseñadoras, interiorstas e profesionais do deseño en xeral.
Traballo de documentación sobre as técnicas tradicionais da artesanía do encaixe galego, reunidas nun mostrario para recuperar, xuntar e poñer a disposición das palilleiras técnicas e modelos esquecidos, co fin de que non se perdan.
Catálogo da exposición fotográfica “En Camiño”, de Silvia Steinbach. As fotografías recollen imaxes do Camiño Francés e da cidade de Santiago de Compostela; un percorrido por distintos espazos naturais e culturais que compón un relato plural sobre a experiencia da peregrinación.
Lei 11/2008, do 3 de decembro, da pesca de Galicia e a súa modificación: lei 6/2009 do 11 de decembro.
Libro-programa do festival de música "Via Stellae" celebrado no mes de xullo de 2006. A publicación inclúe os programas dos concertos, artigos e notas e currículos dos intérpretes, así como textos e traducións das obras interpretadas no seu momento no festival.
Catálogo da exposición do mesmo nome, celebrada na cidade de Lugo entre os meses de setembro e decembro de 2006. Ademais da relación de pezas da exposición, este libro recolle, entre outros, estudos referentes á vida do santo, a evolución do seu culto, a historia das festas de San Froilán etc.
Traballo científico, acometido por un grupo de persoal investigador universitario, que analiza as obras de arte acollidas nos mosteiros beneditinos nos Camiños de Santiago. Os estudos recompilados neste libro forman parte do proxecto de investigación da USC "Da integración á dispersión. O monacato beneditino en Galicia (bases para o estudo, a recuperación e a conservación)".
Libro que acompañou a exposición do mesmo nome e que se puido ver en Celanova entre os meses de setembro e decembro de 2007, co gallo do MC aniversario do nacemento de san Rosendo. A publicación recolle estudos referentes á vida do santo, así como á súa relación co Bierzo e Portugal, mostrando como herdanza de san Rosendo o patrimonio artístico do propio mosteiro de Celanova.