Publicación que recolle os proxectos de mobilidade xuvenil xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado durante o ano 2016, concretamente, Galeuropa, Erasmus+: Xuventude en Acción e A Xuventude no Mundo.
Publicación que recolle os proxectos de mobilidade xuvenil xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado durante o ano 2016, concretamente, Galeuropa, Erasmus+: Xuventude en Acción e A Xuventude no Mundo.
Conto ilustrado e elaborado para a campaña '37.000 sorrisos', promovida pola Consellería de Política Social, que ten por obxecto evitar os abusos sexuais a menores en Galicia.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
A OMS estima que os trastornos mentais atópanse entre as principais causas de carga e discapacidade a nivel mundial e que esta tendencia irá en aumento. Estas estimacións baseáronse en revisións sistemáticas e estudos epidemiolóxicos illados. Con todo, é necesario avanzar cara á avaliación dos trastornos mentais e o seu impacto mediante medidas estandarizadas e válidas que permitan caomparar diferentes países e rexións. Esta obra ten como obxectivo analizar e avaliar a situación da saúde mental en Galicia, e analizar tamén a gravidade dos problemas estudados e a súa repercusión na calidade de vida.
Caderno que acolle, na súa primeira parte, as achegas de medio centenar de autoras e autores que quixeron ser partícipes desta celebración dedicada a Carlos Casares. O volume pousa na cuberta o ex libris de Casares, ao que se acollen as persoas que participan neste volume.
Volume que recolle medio cento de artigos de colaboradores e colaboradoras para homenaxear ao profesor Anxo Tarrío por mor da súa xubilación. Os ensaios abranguen materias como a historiografía literaria galega, a crítica literaria, a teoría da literatura e a literatura comparada, e asínanos investigadores e investigadoras de toda Galicia, do resto de España e doutros enclaves europeos.
O libro incorpora unha ampla cronobiografía do homenaxeado, complementada por material fotográfico.
Catálogo da exposición Camilo José Cela, realizada con motivo do centenario do nacemento do grande creador literario galego. Inaugurada na Biblioteca Nacional polo rei, estivo comisariada polo profesor Adolfo Sotelo, un dos meirandes especialistas na obra de Cela, conforma un retrato poliédrico sobre o Nobel, e amosa a súa actividade non só como novelista, senón como periodista, editor, dramaturgo, actor, pintor ou coleccionista, nun intento de achegarlle ao público visitante a potencia creativa do autor
Martes de carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) conforma o nº 2 da colección 'O papel do teatro', que dá cabida ás obras levadas á escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola AGADIC e Edicións Positivas, este Martes de Carnaval, tradución ao galego de dous esperpentos de Valle-Inclán, é o retrato escuro, tráxico e lúcido dun país. Do corazón da gran chafallada nacional xorden os personaxes valleinclanescos, vítimas dunha patria que lles pasa por riba como una apisoadora, e contra a que se rebelan coas únicas armas que lles aprenderon: a extorsión, a mentira e a picaresca.
Non será en absoluto complicado para o público atopar exemplos nos xornais dos últimos anos que sirvan para situar esta historia e comprobar que o esperpéntico espírito nacional non mudou demasiado. Pero ninguén como Valle-Inclán para airear con retranca as nosas miserias a través da súa pluma erudita.
Os golfiños e o xigante, de Inacio Vilariño, conforma o número 14 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para rapaces (edición 2016), e coeditada pola AGADIC e Baía Edicións, Os golfiños e o xigante conta una viaxe de superación emocionante, na que a protagonista percorre miles de quilómetros na procura do seu obxectivo vital, salvar a vida dos seus golfiños. A través dunha complexa proposta escénica que mestura a técnica de sombras chinesas e o audiovisual, recrea un curioso percorrido en diferentes medios de transporte polas exóticas paisaxes da China.
Marcha fúnebre para un monicreque, de Roi Vidal Ponte, conforma o número 15 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para adultos (edición 2016), e coeditada pola AGADIC e Baía Edicións, Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que, mediante a linguaxe da farsa, mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a natureza inerte dos monicreques cobra un simbolismo político.
Textos e adaptacións radiofónicas das obras finalistas do X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico de 2016.
Trátase dun certame xa ben consolidado e seguido, no que cada ano aparecen nomes novos, cunha achega de calidade e de frescura extraordinarias cara a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.
Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas súas actuacións máis salientables no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos coma ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.