Publicación que engloba os datos de 2015 relativos ás operacións estatísticas 3803-01-OE05 cooperativas, 3803-02-OE05 sociedades laborais e 2401-OE05 centros especiais de emprego.
Publicación que engloba os datos de 2015 relativos ás operacións estatísticas 3803-01-OE05 cooperativas, 3803-02-OE05 sociedades laborais e 2401-OE05 centros especiais de emprego.
Documento que recolle os relatorios e as comunicacións presentados nesa xornada que organizou o Consello de Bioética de Galicia, para informar e favorecer o debate da cidadanía verbo da dimensión ética da práctica sanitaria. Interviron axentes do ámbito da saúde e doutros eidos profesionais.
Debido ao cambio do calendario vacinal, modificouse este documento, para eliminar a 1ª dose da vacina da hepatite B, que antes se administraba ao neonato ou á neonata nas primerias horas de vida, e que agora se administra aos 2 meses de idade do bebé, polo que, para evitar confusións, cumpría modificar este documento. Neste caso só se publica en formato pdf, para a súa consulta na web do SERGAS.
Publicación que presenta os datos da actividade desenvolvida ao longo do pasado ano pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Inclúe, entre outros apartados, os seguintes: identificación do centro, contorno , estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas de información, e servizo de atención ao usuario.
Guía elaborada a partir dos traballos feitos coas distintas variedades tradicionais galegas de pementos polos investigadores da sección de horta da Consellería do Medio Rural.
Información das actuacións levadas adiante polo ISSGA durante o ano 2016.
Folleto divulgativo para informar verbo das vantaxes da empresa cooperativa.
Folleto divulgativo para informar verbo das características das sociedades laborais.
Folleto divulgativo para informar verbo das características dos centros especiais de emprego.
Folleto divulgativo para informar verbo das características principais das cooperativas
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.
Trinta e cinco artigos e textos varios de Isaac Díaz Pardo conforman este número 24 de Cadernos Ramón Piñeiro, prologado e editado por Xosé Ramón Fandiño e cunha coda final de Luís Cochón. As artes plásticas, Sargadelos e outros textos que nos transmiten a súa vida e obra forman parte desta publicación.