Catálogo

Amosando 61 - 72 de 157
Entidade
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Lingua/s
Galego

Revista especializada na educación, que mudou do formato tradicional en soporte físico para o soporte informático.
Dende o número 59 ten un novo ISSN, asignado polo Centro Nacional de ISSN: o 2171-6595.
Continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega -profesorado, alumnado, nais e pais-. Inclúe un foro educativo, con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de opinión, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, unha biografía, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas), recensións de obras recentemente editadas e información sobre lexislación e actividades culturais diversas, relacionadas co mundo educativo en Galicia, España e Europa, nos distintos niveis.
Ao tratarse dunha publicación puramente on line (sistema de aplicación web tipo xornal dixital), non existe unha entidade de contraportada como tal , polo que para a colocación de logotipos de obrigado cumprimento recomendamos e empregamos a sección que recolle o Consello Editorial, o Consello Asesor, o Consello de Dirección e o Comité de Redacción e outros datos técnicos.
Para acceder á publicación, deben dirixirse a http://www.edu.xunta.es/eduga.

Autor/a
Pernas Nieto
Daniel
Editor/a literario/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

Daniel Pernas Nieto foi un poeta lugués, colaborador na prensa cultural e literaria do seu tempo (Galicia, Follas Novas, Vallibria, El Eco de Villaba) e cura ecónomo na parroquia de Santiago de Baroncelle. Como poeta, deixou esparexidas diversas composicións e conseguiu publicar, en lingua galega, o seu único poemario, Fala das Musas, que apareceu nos tráxicos días do Nadal de 1936 e que leva un breve prólogo en castelán de Álvaro Cunqueiro. Libro encadrable na temática de poesía da terra, reprodúcese agora nunha coidada edición do profesor Armando Requeixo.

 

 

"Cadernos Ramón Piñeiro (XXXVIII). María Victoria Moreno. Homenaxe. Palabra fértil no tempo" é un volume colectivo coordinado pola profesora Blanca-Ana Roig Rechou no cal se reúnen dúas ducias de artigos arredor da vida e obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no 2018 co Día das Letras Galegas. A profesora, a ensaísta, a novelista, a poeta e, sobre todo, a autora infantoxuvenil son outras tantas facetas analizadas en profundidade por algúns dos mellores especialistas nesta clásica das nosas letras modernas.

0,00 €
Autor/a
Fernández Fernández
Miguel Ángel
Lingua/s
Galego

Este relato achega os nenos e nenas ao pasado celta de Galicia a través dos ollos de Marola, unha nena que levada pola maxia e a imaxinación se ve inmersa nesa época. Neste sentido, este conto ten como obxectivo espertar a curiosidade e as gañas de saber dos nosos pequenos, así como propiciar hábitos de lectura en idades temperás.

9,50 €
Autor/a
del Valle-Inclán
Ramón María
Lingua/s
Galego

Divinas palabras Revolution conforma o nº 3 da colección O papel do teatro, que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas, nesta versión de Manuel Cortés e Xron de Divinas Palabras de Valle-Inclán non veremos unha tradución directa das palabras de don Ramón sobre o escenario. Neste caso, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade que reviven, inconscientes, o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.

0,00 €
Autor/a
Moreno
Mª Victoria
Lingua/s
Galego

Obra en que se recollen e describen as características do verso e da prosa establecendo as súas diferenzas, definindo, no caso do verso, os seus elementos máis esenciais como son a rima, a medida, a estrofa... e analizando a prosa desde os seus xéneros literarios: historia, a oratoria e a narrativa. Como colofón analiza a importancia da linguaxe literaria na confección de calquera obra.

0,00 €
Autor/a
Moreno
Mª Victoria
Lingua/s
Galego

Ensaio que nos presenta os idiomas oficiais de España, a súa xénese e a súa historia, tendo en conta as diferentes invasións e pobos que nos habitaron, e como a construción, evolución e convivencia dos diferentes idiomas foron configurando as linguas que hoxe falamos e escribimos.

15,11 €
Autor/a
Ferreirós Espinosa
Carlos
Editor/a literario/a
Requeixo Cuba
Armando
Lingua/s
Galego

Extensa monografía sobre a familia Valladares, que inclúe valiosos documentos biográficos e literarios tanto do intelectual Xosé Dionisio Valladares coma do seu fillo, o escritor Marcial Valladares Núñez, a súa irmá a poeta Avelina Valladares Núñez e outros membros da familia igualmente vinculados ao mundo da escrita.

Coordinador/a
Roig Rechou
Blanca-Ana
Lingua/s
Galego

Edición CD de carácter bibliográfico que recolle a reprodución literaria galega anual tanto no ámbito de creación como da información relativa á posta en escena de obras literarias, premios e revistas en formato pdf. Resultado do proxecto de investigación “Informes de literatura” que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

O número 17 (2015) de Cadernos de Fraseoloxía Galega contén 4 traballos que abordan diversos aspectos fraseolóxicos referidos ás fórmulas rutineiras, ás paremias xeocosmolóxicas, á sinonimia e a unidades diversas do ámbito da alimentación. As linguas comparadas son cinco: galego, maorí, castelán, alemán e francés. Sae á luz unha recadádiva de fraseoloxía recente nas Pontes de García Rodríguez. Faise recensión crítica de 7 obras da especialidade publicadas entre 2012 e 2014 e, na sección de Novas, dáse conta da aparición de 352 libros ou artigos e 11 recensións; dáse conta da celebración no 2015 de 7 congresos, coloquios e xornadas; da aparición dun novo manual de didáctica da fraseoloxía galega, dun proxecto de investigación en Polonia e de dous casos de fraseografía espontánea galega. Con este número, xa publicaron nesta revista 184 investigadores de 24 países.