Catálogo

Amosando 73 - 84 de 157
Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

O número 18, 2016 de Cadernos de Fraseoloxía Galega está estruturado en catro seccións principais. A sección "Estudos" contén cinco artigos sobre diversos aspectos da fraseoloxía e da paremioloxía do galego, do alemán, do portugués, do catalán e do kikongo. A sección "Recadádivas" alberga dous traballos de recollida de material fraseolóxico en Cuntis e Forcarei. En "Recensións" analízanse 6 obras publicadas recentemente e, finalmente, na sección "Novas" dáse conta de referencias bibliográficas, congresos, recursos... dos últimos tempos.

Editor/a literario/a
Cochón
Luís
Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Piñeiro Pais
Laura
Lingua/s
Galego

Caderno que acolle, na súa primeira parte, as achegas de medio centenar de autoras e autores que quixeron ser partícipes desta celebración dedicada a Carlos Casares. O volume pousa na cuberta o ex libris de Casares, ao que se acollen as persoas que participan neste volume.

13,28 €
Editor/a literario/a
Requeixo Cuba
Armando
Ilustrador/a
Agra Pardiñas
María Jesús
Lingua/s
Galego

Volume que recolle medio cento de artigos de colaboradores e colaboradoras para homenaxear ao profesor Anxo Tarrío por mor da súa xubilación. Os ensaios abranguen materias como a historiografía literaria galega, a crítica literaria, a teoría da literatura e a literatura comparada, e asínanos investigadores e investigadoras de toda Galicia, do resto de España e doutros enclaves europeos.
O libro incorpora unha ampla cronobiografía do homenaxeado, complementada por material fotográfico.

Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

Trinta e cinco artigos e textos varios de Isaac Díaz Pardo conforman este número 24 de Cadernos Ramón Piñeiro, prologado e editado por Xosé Ramón Fandiño e cunha coda final de Luís Cochón. As artes plásticas, Sargadelos e outros textos que nos transmiten a súa vida e obra forman parte desta publicación.

Autor/a
López Lorenzo
Siro
Prologuista
López Vázquez
Ramón
Lingua/s
Galego

Novo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, no que o coñecido ilustrador Siro López avanza no tema do humorismo cervantino (do que xa ten escritos outros volumes) e cuxa máxima expresión amósase no Quixote. Siro é un gran coñecedor do tema que nos presenta neste libro, grazas en parte aos pensadores galeguistas Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.

9,50 €
Autor/a
Moliére
Lingua/s
Galego

Versión ao galego do Tartufo de Moliére, produción do Centro Dramático Galego estreada no Salón Teatro de Santiago de Compostela en setembro de 2016. Abre a colección "O papel do teatro" para lles dar cabida ás obras producidas polo CDG.
Coeditada pola AGADIC e Positivas, este Tartufo reflexiona desde a comedia sobre os perigos da impostura e do artificio poñendo o foco sobre aquelas persoas que posúen a capacidade de detectar as debilidades e vulnerabilidade dos demais, para as empregar no seu beneficio.

24,50 €
Editor/a literario/a
González González
Manuel
Lingua/s
Galego

Volume no que se recollen diversos traballos lingüísticos, biográficos e bibliográficos que queren honrar a traxectoria vital e académica do profesor Xesús Ferro Ruibal. Estudoso da onomástica galega e fraseólogo internacionalmente recoñecido, Ferro Ruibal é un divulgador incansable da lingua e cultura galegas. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ten a honra de contar co seu saber e o seu indiscutible compromiso, polo que se lle dedica esta colección de traballos como agradecemento.