Catálogo

Amosando 49 - 60 de 157

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

Autor/a
Fidalgo
Elvira
Autor/a
Fernández Guiadanes
Antonio
Lingua/s
Galego

ArGaMed é unha serie de publicacións en liña que complementa os proxectos Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María, Prosa literaria galega medieval, e mesmo BiRMED, todos eles desenvolvidos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Publica dous números por ano, que poden conter estudos ou edicións (críticas ou paleográficas, novas ou revisadas) relacionados cos proxectos mencionados.
Este nº 1 corresponde á transcrición paleográfica do Códice de Florencia das Cantigas de Santa María.

0,00 €
Autor/a
Iglesias González
Xaime
Ilustrador/a
Castro Méndez
José M.
Revisor/a
Villar Aira
Sara
Lingua/s
Galego

Publicación de carácter didáctico en formato electrónico, dirixida a toda a comunidade educativa, así como a persoas interesadas nos refráns e nos refraneiros galegos. Distínguese unha primeira parte teórica e outra posterior en que se propoñen diferentes actividades didácticas divididas por niveis de ensino. Setenta e oito debuxos de José M. Castro Méndez acompañan os textos.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

0,00 €
Autor/a
Conde
Maika
Autor/a
Maguna
Jana
Coautor/a
Gauderio
Gaudencio
Coautor/a
Blanco
Meches
Coautor/a
Veloso
Iolanda
Coautor/a
Pereira
Susana
Coautor/a
González
Belén
Coautor/a
Arce
María
Coautor/a
Estévez
Marcos
Ilustrador/a
López Albir
Gustavo
Ilustrador/a
Lago González
Iván
Lingua/s
Galego

Este conto forma parte do proxecto educativo Memi: unha gota de aire. Está coeditado pola Fundación Igualarte e a Consellería de Política Social. Trátase dunha recompilación de contos nos que Memi é a protagonista. A través de delicadas ilustracións e coidados textos Memi relátanos en primeira persoa as sensacións do mundo que lle rodea.

Editor/a literario/a
Cochón Touriño
Xosé Luís
Editor/a literario/a
Beramendi
Justo
Lingua/s
Galego

Volume de artigos arredor da vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, figura homenaxeada en 2019 co Día das Letras Galegas. Diversos estudosos analizan a súa biografía e escrita baixo a coordinación editorial de Luís Cochón e Xusto Beramendi, nunha edición en que colaboran co Centro Ramón Piñeiro a Fundación A. Fraguas e mais o Museo do Pobo Galego.

Volumen de artículos alrededor de la vida y obra de Antonio Fraguas Fraguas, figura homenajeada en el 2019 con el Día das Letras Galegas. Diversos estudiosos analizan su biografía y escritura bajo la coordinación editorial de Luis Cochón y Justo Beramendi, en una edición en la que colaboran con el Centro Ramón Piñeiro la Fundación A. Fraguas y el Museo do Pobo Galego.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

O número 19, 2017 de Cadernos de Fraseoloxía Galega está estruturado en catro seccións principais. A sección Estudos contén cinco artigos sobre diversos aspectos da fraseoloxía e da paremioloxía do galego, do holandés, do chinés e do español. A sección Recadádivas alberga dous traballos de recollida de material fraseolóxico en Boqueixón e O Morrazo. En Recensións analízanse 6 obras publicadas recentemente e, finalmente, na seccións Novas dáse conta de referencias bibliográficas, congresos, recursos etc. dos últimos tempos.

12,00 €
Autor/a
Castro Otero
Salvador...[et al.]
Lingua/s
Galego

Unha maré de palabras é un traballo léxicográfico, unha constatación de vida e unha reivindicación da memoria. Unha constatación de vida porque as entradas que se recollen están extraídas de falantes vivos e unha reivindicación da memoria porque moitos destes lexemas están sendo empregados cada vez menos.

Entidade
Secretaría Xeral Técnica
Lingua/s
Galego

Publicación dixital procedente do formato clásico en papel. Ten como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e pais/nais. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de opinión, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, unha biografía, experiencias pedagóxicas de aula, recensións de obras recentemente editadas, así como información sobre lexislación e actividades culturais diversas relacionadas co mundo educativo en Galicia, España e Europa, nos distintos niveis.
Enderezo: http://www.edu.xunta.es/eduga