A colección de Informes de literatura publica este novo número, correspondente ao ano 2019. Trátase dunha edición electrónica en liña; de carácter bibliográfico; que recolle a produción literaria galega anual tanto no ámbito da creación como da información relativa á posta en escena de obras teatrais, así como convocatoria de premios literarios e tamén toda a información sobre as revistas culturais existentes.