Catálogo

Amosando 37 - 48 de 157
0,00 €
Autor/a
Orde Caos. Pseud. de Pedro Aarón Álvarez Pérez
Lingua/s
Galego

O autor, escritor, escultor, tatuador, debuxante e muralista obtivo o 2º premio na especialidade de novela curta no Certame Xuventude Crea 2020 que cada ano organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Editor/a literario/a
Alonso Girgado
Luís
Editor/a literario/a
Caamaño Pérez
Laura
Autor/a
Piñeiro Pais
Laura
Lingua/s
Galego

Este volume recolle un conxunto de cartas destinadas a Ricardo Carvalho Calero pertencentes a Santiago Montero Díaz e Manuel Rodrigues Lapa. Estes dous grupos de epístolas están formados por corenta e oito e trinta e cinco cartas, respectivamente. O volume péchase cunha parte de apéndices en que se reúne un conxunto de nove cartas entre José Luís Fontenla Rodrigues e Ricardo Carvalho Calero e cinco cartas de Ricardo Carvalho Calero dirixidas a Manuel Rodrigues Lapa.

24,38 €
Editor/a literario/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

Edición facsímile dun poemario inédito da escritora Luísa Villalta que agora se exhuma, acompañado dun estudo introdutorio que contextualiza a obra no conxunto da produción da autora e dá razón das principais claves literarias que a sosteñen. O texto recuperado forma parte do Legado Luísa Villalta que se custodia no Centro Ramón Piñeiro e constitúe a primeira entrega da Biblioteca Luísa Villalta.

Autor/a
Equipo Glifo
Lingua/s
Galego

O Dicionario de termos literarios está elaborado polo Equipo Glifo (Grupo Compostelán de Investigacións Semióticas e Literarias) e forma parte do proxecto “Dicionarios de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Do mesmo xeito que nos dous volumes anteriores, recóllense definicións de termos do ámbito da retórica, da historia, da crítica, da narratoloxía, da semiótica, da hermeneútica, etc. acompañadas de exemplos pertencentes ao corpus literario galego desde a Idade Media ata a actualidade.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta un novo número. Este volume n.º 20, correspondente ao ano 2018, está composto por catro artigos que xiran arredor das novas tecnoloxías aplicadas á fraseodidáctica, da paremioloxía galega do viño e da fraseoestilística da tradución poética bielorrusa. Tamén se inclúen unha escolma da fraseoloxía de Tabeirós extraída da obra Contiños da Terra (1931) de Manuel García Barros, sete recensións de obras relevantes do eido e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2018

Editor/a literario/a
González
Déborah
Lingua/s
Galego

A monografía, que corresponde ao nº 2 da serie ArGaMed, reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase o lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos scripto-lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións "espurias", de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha ampla aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.

Coordinador/a
Corral Díaz
Esther
Coordinador/a
Pichel
Ricardo
Autor/a
Pichel
Ricardo
Autor/a
Garzón Fernández
Marina Aurora
Autor/a
Vázquez García
Tania
Colaborador/a
García-Fernández
Miguel
Lingua/s
Galego

Este nº 3 da serie ArGaMed é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños). O manual ten como obxectivo dar a coñecer ao público interesado todos os textos literarios compostos en galego na Idade Media de forma sintética e seria, e está ilustrado cun amplo repertorio de imaxes dos manuscritos. Para iso realízase en cada obra un estudo sucinto da descrición física dos testemuños que conservan a obra, unha análise concisa do texto que teña en conta as súas características, a súa tradición textual e o seu contexto de produción. Por último, complétase cun exhaustivo apéndice bibliográfico particular que recolle as edicións, estudos e proxectos da obra publicados (e en curso de realización), e un índice de axentes e espazos culturais que evidencian o ambiente sociocultural da época na área setentrional peninsular.