Divinas palabras Revolution: Traxicomedia de aldea global

Autor/a
del Valle-Inclán
Ramón María
9,50 €
Sinopse

Divinas palabras Revolution conforma o nº 3 da colección O papel do teatro, que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas, nesta versión de Manuel Cortés e Xron de Divinas Palabras de Valle-Inclán non veremos unha tradución directa das palabras de don Ramón sobre o escenario. Neste caso, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade que reviven, inconscientes, o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.

Ficha técnica

ISBN-13
978-84-453-5298-4
Editorial
Consellería de Cultura e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura, Axencia Galega das Industrias Culturais
Santiago de Compostela
Editorial
Edicións Positivas
Santiago de Compostela
Ano de edición
2018
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
O papel do teatro
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
106
Medidas
14
21