Catálogo

Amosando 13 - 24 de 103
Entidade
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Lingua/s
Galego

Catálogo coa selección de 900 negativos entre os 50.000 visionados do Fondo Vega custodiado polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Este catálogo corresponde ao período de 1970 a 1979, é o cuarto tomo en que se reflicten as exposicións realizadas por este arquivo sobre o traballo como fotoxornalista de José Luis Vega no diario El Progreso de Lugo. No presente catálogo amósanse as fotos que formaron parte de dúas exposicións realizadas entre 2023 e 2024.

 

 

15,00 €

Catálogo da exposición que, sobre o fondo fotográfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Amosa a obra da fotógrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo.

0,00 €
Autor/a
Redondo Porto
Alberto
Autor/a
Rodríguez Rodríguez
Marcial
Autor/a
Valladares Durán
José
Lingua/s
Galego

Guía que ten por obxecto achegarlles ás persoas propietarias, promotoras e redactoras de proxectos criterios de como actuar no territorio histórico dos Camiños de Santiago, de modo que se garanta a salvagarda das súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas, e ao mesmo tempo se facilite e se axilice o proceso de obtención das correspondentes licenzas ao dispoñer de recursos e información complementaria de axuda.
Para o obxecto de facer máis doada a consulta, a guía organízase nunha serie de fichas que se agrupan en 6 capítulos.

Primeiros cinco fascículos da serie de investigación Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. Estos cinco primeiros números están dedicados ás enfermidades, á medicina, á alimentación, ás casas e ao enxoval.

 

 

19,00 €
Entidade
Arquivo de Galicia
Lingua/s
Galego

Folleto da exposición Constelación Luz: Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida, comisariada por Olivia Rodríguez González.

A exposición enmárcase nunha serie de actividades que está previsto realizar para conmemorar o centenario do nacemento desta poeta galega, que doou o seu arquivo e biblioteca persoal ao Arquivo e á Biblioteca de Galicia.

17,00 €
Autor/a
Arquivo de Galicia
Lingua/s
Galego

Galiciana. Arquivo dixital de Galicia é unha publicación destinada a difundir a plataforma co mesmo nome que facilita, a través dun punto único, información sobre os documentos que se custodian nos arquivos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia e que permite a visualización e utilización das imaxes daqueles que contan con obxectos dixitais asociados.

 

15,00 €
Entidade
Museo Etnolóxico. Ribadavia
Lingua/s
Galego

Catálogo que recolle as máis de 150 pezas expostas no Museo Etnolóxico de Ribadavia con motivo da exposición feita durante o año 2021, sobre a figura de San Cipriano de Antioquía o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.