Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación.
Estudo realizado para a Dirección Xeral de Cultura, sobre o impacto económico e social da rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Guía que ten por obxecto achegarlles ás persoas propietarias, promotoras e redactoras de proxectos criterios de como actuar no territorio histórico dos Camiños de Santiago, de modo que se garanta a salvagarda das súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas, e ao mesmo tempo se facilite e se axilice o proceso de obtención das correspondentes licenzas ao dispoñer de recursos e información complementaria de axuda.
Para o obxecto de facer máis doada a consulta, a guía organízase nunha serie de fichas que se agrupan en 6 capítulos.
Catálogo da exposición, con 144 imaxes, que ilustran a presenza dos nenos e as nenas nos documentos custodiados polo AHP Lugo, estruturados en 7 seccións que percorren a multiplicidade de espazos, tempos e actividades en que participan. As sete seccións titúlanse: tempo de saúde, tempo de familia, tempo de aprender, tempo de lecer, tempo de festa, tempo de deporte e tempo de traballo.
O autor deste traballo, Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia desde 1986 ata 1995, analiza as condicións que propiciaron a investigación neste arquivo, como a existencia de ricas fontes documentais, os procesos de incorporación -e destrución- de documentos, e do interese das súas informacións para os distintos tipos de usuarios.
Guía sobre a Casa Museo Valle-Inclán, na Pobra do Caramiñal e en Vilanova de Arousa.
Directorio das asociacións xacobeas, confrarías e centros de estudos xacobeos nacionais e internacionais.
Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público ámplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (46), a partir da relación dun plano do destacamento penal de Casaio, faise un achegamento a este tipo de dependencia penitenciaria dedicado á extracción de wolframio, así como á documentación que xerou mentres existiu.
Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público ámplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (44), a partir dun parte sanitario da Prisión Provincial de Ourense, abórdanse o sistema carcelario provincial e os fondos documentais xerados por este.