Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (21), abórdanse os dramáticos sucesos de 1909 coñecidos como as "Mortes de Oseira", a partir do expediente xudicial que se conserva no AHPOu e no que se procesou por "delito de sedición" algúns dos participantes nunha manifestación que tivo lugar na cidade de Ourense, en protesta polos mencionados sucesos.