Fronda : Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense | Nº 21: Ano 3: Marzo-abril 2009

0,00 €
Sinopse

Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (21), abórdanse os dramáticos sucesos de 1909 coñecidos como as "Mortes de Oseira", a partir do expediente xudicial que se conserva no AHPOu e no que se procesou por "delito de sedición" algúns dos participantes nunha manifestación que tivo lugar na cidade de Ourense, en protesta polos mencionados sucesos.

Ficha técnica

Editorial
Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Santiago de Compostela
Ano de edición
2010
Edición
Lingua/s
Galego
Ilustracións
cor
Volumes
1
Páxinas
2
Medidas
21
30