Homeless é o catálago da primeira mostra retrospectiva en España da artista Ángela de la Cruz, organizada conxuntamente por Azkuna Zentroa (Bilbao) e o CGAC.
Homeless é o catálago da primeira mostra retrospectiva en España da artista Ángela de la Cruz, organizada conxuntamente por Azkuna Zentroa (Bilbao) e o CGAC.
O autor deste traballo, Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia desde 1986 ata 1995, analiza as condicións que propiciaron a investigación neste arquivo, como a existencia de ricas fontes documentais, os procesos de incorporación -e destrución- de documentos, e do interese das súas informacións para os distintos tipos de usuarios.
Guía ilustrada da exposición temporal con texto e imaxes das fotografías e pezas da colección expostas e texto explicativo.
Esta obra constitúe a segunda parte doutra obra titulada Igrexas mosteirais e conventuais de Galicia. Descrición gráfica das declaradas monumento. Ambas as dúas son editadas no contexto dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña, para a realización do inventario gráfico e levantamento planimétrico do patrimonio monumental de Galicia. Este libro recolle vinte e seis igrexas de antigos cenobios: dez pertencen á provincia da Coruña, nove á de Lugo, seis á de Ourense e unha á de Pontevedra.
O cambio político-social producido nos anos 60 a nivel internacional, repercutíu tamén, como é lóxico, na sociedade galega, onde a mocidade irrompe con forza tratando de romper cos moldes tradicionais e reformulando valores. Neste contexto, a toma de posesión de espazos, a canción substituía ao mitin, así nace en Santiago arredor do mítico ano de 1968 un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes. Este libro trata do contexto pasado e futuro arredor deste grupo.
"Da medición de impacto á mellora. Metodoloxía de avaliación de eventos culturais. O caso do Festival de Cans" é un traballo de investigación sobre o festival galego de curtometraxes. Ao longo do estudo mediuse o impacto do festival nas súas dimensións económica, social e comunicativa e obtivéronse datos que permiten á organización xustificar o investimento público, atraer investimento privado e motivar a asistencia do público. Coa información recollida das persoas participantes establecéronse relacións entre variables demográficas, hábitos de consumo, percepción do festival e gasto, co obxectivo de establecer propostas de mellora que permiten axustar a oferta á demanda, potenciar a comunicación e maximizar a xestión económica. O traballo péchase cun sistema de indicadores, creado ad hoc para o evento, que permite posicionar o produto no mercado cultural e diagnosticar tendencias no modelo de festival apoiando a toma de decisións.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en novembro de 2015 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2015 e que permanece aberta ata o 28 de febreiro de 2016.
Publicación recompilatoria dos relatorios presentados durante as decimoquintas Xornadas Estatais de Departamentos de Educación e Acción Cultural, que se desenvolveron no Museo de Belas Artes da Coruña en outubro de 2008.
Publicación que recolle o resultado do traballo de investigación realizado polos autores sobre a colección numismática que forma parte dos fondos que custodia o Museo das Peregrinacións e de Santiago. O estudo contempla a catalogación minuciosa de cada peza numismática e a súa contextualización histórica e arqueolóxica.
Publicación monográfica sobre o centro de produción de ánforas de época romana localizado en Bueu. Inclúe un anexo sobre o proceso de restauración e reintegración dunha ánfora tipo San Martín de Bueu 1. Trátase dunha publicación ilustrada con fotografías, debuxos e mapas con carácter divulgativo.
Trátase do catálogo da exposición que se desenvolveu no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia desde o 20 de decembro de 2016 ata o 20 de marzo de 2017. Complementan o catálogo das 120 pezas que figuraron na exposición dez artigos de profesionais de diferentes ámbitos que achegan a súa visión da paisaxe.
Catálogo da exposición Agion Oros. Peregrinación ao Monte Athos. Fotografías de Fernando Moleres, que recolle imaxes deste fotógrafo sobre o patrimonio monumental e paisaxístico do Monte Athos, principal centro cultural da Igrexa ortodoxa. A exposición estará visitable entre o día 7 de xullo e o 15 de outubro de 2017 na sala de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.