Catálogo

Amosando 1 - 12 de 106
Entidade
Museo de Belas Artes da Coruña
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición conmemorativa do falecemento de Emilia Pardo Bazán. Recolle os fondos das doazóns e legados vinculados coa familia Pardo Bazán e relacionados directamente coa escritora. Inclúe ademais outros fondos da colección que mostran a personalidades do seu círculo privado e social dentro do ámbito da Coruña do seu tempo.

19,00 €

Catálogo con fotografías que compoñen o Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez, un fondo que custodia o AHP de Lugo desde 2002. Constantino Rodríguez Gutiérrez (1875-1947) formouse na Sociedad Electro-Fotográfica de Xixón e estableceuse en Lugo nos anos finais do S. XIX; traballou ata o seu pasamento. O fondo do gabinete chega ao arquivo tras o depósito de 357 placas fotográficas, maioritariamente en vidro, poucas en acetato, realizado polo seu neto Constantino Romero Ramos. Con posterioridade, o tío deste, Ángel Rodríguez López, engade ao depósito 50 placas máis, principalmente retratos dunha gran calidade artística que achega ao conxunto un alto valor testemuñal e o confire como un instrumento de traballo para o estudo e a investigación da fotografía en Lugo e Galicia.
O catálogo reproduce a totalidade das imaxes do fondo, servirá ademais de elemento de difusión deste, de instrumento de descrición para uso no centro ou a distancia.

18,00 €
Entidade
Arquivo do Reino de Galicia
Lingua/s
Galego

Catálogo da exposición A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso celebrada no Arquivo do Reino de Galicia no ano 2023, coincidindo co 50 aniversario do pasamento do pintor.

O catálogo, de acordo co percorrido da mostra, divídese en tres epígrafes:

Unha cidade para unha escola (A Coruña, unha cidade en transformación): contextualización da cidade da Coruña na segunda medade do século XIX e principios do XX, e características que propiciaron que se creara nesta cidade a primeira Escola de Belas Artes de Galicia.

Picasso na Escola de Belas Artes da Coruña (A forxa dun xenio): testemuños da actividade académica de Pablo Picasso na escola, así como aqueles aspectos da cidade e as súas xentes que influíron na súa posterior vida artística.

Unha escola para unha cidade (Unha escola integradora): mostra de diversos aspectos da actividade académica da escola e dos alumnos que pasaron polas súas aulas dende os seus inicios ata a década de 1920.

20,00 €
Entidade
Arquivo do Reino de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición Voar dende Galicia. O desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias en Galicia, celebrada no Arquivo do Reino de Galicia no ano 2022.

O catálogo fai un percorrido polo inicios da aviación en España e en Galicia, e a configuración (proxectos, construción) dos aeroportos e aeródromos galegos. Os documentos usados corresponden na súa maior parte ao fondo documental de Francisco Iglesias Brage, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, con algunhas pezas doutros arquivos.

O catálogo divídese en catros grandes epígrafes:

- Os primeiros pasos: nacemento e impulso do transporte aéreo, deseño de aparatos e innovación técnica.

- Os grandes proxectos: centrado nos tres grandes aeroportos. Alvedro (A Coruña), A Lavacolla (Santiago de Compostela) e Peinador (Vigo).

- Pequenos aeródromos: nesta epígrafe recóllense documentos sobre todo do aeródromo de Rozas, en Lugo, o único que segue existindo na actualidade.

- Proxectos inacabados: os casos singulares dos proxectados aeroportos de Ferrol e A Toxa (O Grove).

0,00 €

O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.