Recompilación das festividades, refráns, ditos, cantigas, crenzas, prácticas... de cada mes. Inclúense tamén referencias á onomástica, aos calendarios de diferentes épocas, aos costumes aínda vixentes en comarcas de Galicia segundo a época do ano.
Recompilación das festividades, refráns, ditos, cantigas, crenzas, prácticas... de cada mes. Inclúense tamén referencias á onomástica, aos calendarios de diferentes épocas, aos costumes aínda vixentes en comarcas de Galicia segundo a época do ano.
Catálogo do proxecto expositivo sobre o recoñecido artista Jorge Castillo, especialmente centrado na súa faceta como escultor, e con destacadas inclusións dos seus debuxos e obra gráfica.
A presente obra concíbese como un ensaio técnico destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola. Ten a intención de ofrecer ao apicultor ferramentas útiles para criar, seleccionar, propagar e acrecentar constantemente a xenética máis sobresaínte das súas abellas.
Catálogo da exposición temporal do mesmo título, que pretende cos textos e as imaxes achegar ao público o mundo da infancia e a súa representación fotográfica a través do século XX no entorno do Ribeiro.
Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo.
Esta publicación que lanzamos no marco do Programa de deseño para a innovación 2020 desenvolverase a través dun conxunto de entrevistas para pensar sobre o noso futuro na era pos-COVID, con algúns e algunhas dos/as mellores profesionais galegos/as do deseño a nivel galego, nacional e internacional.
Tigres en magnolias de María Marco é o ensaio galardoado na segunda edición do Premio CGAC de investigación e ensaio. O texto, que explora os puntos de contacto entre a maxia e a arte contemporánea, destaca pola súa orixinalidade, produto dunha mirada que interrelaciona o culto e o popular, o persoal e o académico, o internacional e o local ao mesmo tempo que reivindica a figura dalgunhas artistas que, malia o seu talento e a importancia das súas achegas, non figuran nos manuais de historia da arte. María Marco é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Belas Artes. Colabora desde 2014 en El Cultural do xornal El Mundo cubrindo a área de arte contemporánea en Galicia. En 2020 recibiu o Premio Xerais de Novela por Coidadora (Xerais, 2021).
A publicación Por unha bioloxía da imaxe presenta dúas series sucesivas de obras da artista madrileña Clara Carvajal, Dioses de la frontera e Argucia, que se inscriben no que poderiamos chamar unha primeira aproximación desta artista á bioloxía da imaxe. Mediante este concepto plenamente innovador Carvajal indaga na dimensión plástica e escultórica da imaxe fotográfica.
Dioses de la frontera abre camiño a unha viaxe expositiva e vital: Beirut, esas mil e unha cidades desde onde Clara Carvajal resignifica as imaxes da Arab Image Foundation, os arquivos do xornal An-Nahar e do fotógrafo Émile Boulos Divers. Argucia, pola súa banda, supón un paso máis nesta percuda ao incorporar a tridimensionalidade en sete caixas que funcionan como contornos abertos.
Con ambas as series, Clara Carvajal introdúcenos nun xogo de espellos onde as imaxes rexorden en distintos medios para reafirmaren a súa existencia.
Catálogo da exposición antolóxica dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 18 de novembro de 2021 ao 27 de febreiro de 2022.
Teoría do asombro funciona como unha guía en clave simbólica da exposición Antón Patiño. Caosmos (CGAC, Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020). Pódese ler como un ensaio ou como un relato fragmentario. Como en moitas das obras de Antón Patiño, entre as páxinas deste volume axítase subliminarmente a idea de mapa, de itinerario guiado ou percorrido comentado, que vai trazando un retrato do seu autor entre a pintura e a escritura, entre a mirada poética, o sentido cívico e transformador da cultura e a práctica pictórica.
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.
Crebas é un termo propio do léxico da Costa da Morte que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, como consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, esta publicación mostra unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019 que sintetizan a esencia da obra de Torres. É unha nova oportunidade de reler o seu traballo desde outras perspectivas, observando os vínculos existentes entre as diferentes etapas da súa traxectoria artística, que explora aspectos de carácter histórico, filosófico, político e antropolóxico, expresados a través de múltiples medios como a instalación, a fotografía, o debuxo ou a escultura. Aquí preséntanse unha serie de obras inéditas directamente relacionadas con Galicia, que enlazan coas súas primeiras pezas conceptuais dos anos setenta, articuladas en perfecto diálogo con obras posteriores, moi particularmente, instalacións multimedia, concibidas como un dispositivo de narración complexo, con frecuencia resultado dun exhaustivo proceso de investigación.