Catálogo da exposición antolóxica dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 18 de novembro de 2021 ao 27 de febreiro de 2022.
Catálogo da exposición antolóxica dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 18 de novembro de 2021 ao 27 de febreiro de 2022.
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.
Crebas é un termo propio do léxico da Costa da Morte que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, como consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, esta publicación mostra unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019 que sintetizan a esencia da obra de Torres. É unha nova oportunidade de reler o seu traballo desde outras perspectivas, observando os vínculos existentes entre as diferentes etapas da súa traxectoria artística, que explora aspectos de carácter histórico, filosófico, político e antropolóxico, expresados a través de múltiples medios como a instalación, a fotografía, o debuxo ou a escultura. Aquí preséntanse unha serie de obras inéditas directamente relacionadas con Galicia, que enlazan coas súas primeiras pezas conceptuais dos anos setenta, articuladas en perfecto diálogo con obras posteriores, moi particularmente, instalacións multimedia, concibidas como un dispositivo de narración complexo, con frecuencia resultado dun exhaustivo proceso de investigación.
Teoría do asombro funciona como unha guía en clave simbólica da exposición Antón Patiño. Caosmos (CGAC, Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020). Pódese ler como un ensaio ou como un relato fragmentario. Como en moitas das obras de Antón Patiño, entre as páxinas deste volume axítase subliminarmente a idea de mapa, de itinerario guiado ou percorrido comentado, que vai trazando un retrato do seu autor entre a pintura e a escritura, entre a mirada poética, o sentido cívico e transformador da cultura e a práctica pictórica.
Catálogo da exposición Percorrer o tempo: visións contemporáneas do Camiño que reúne un amplo abano de olladas artísticas sobre a experiencia do camiño dende unha ollada contemporánea. Os 10 artistas que forman parte desta mostra achéganse a cada unha das rutas mediante unha canle específica (a fotografía, o vídeo, o documental...), e compoñen unha narración que redefine o significado humano e atávico do feito físico (e ata místico) de camiñar.
Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo.
Na cidade portuguesa de Porto, no bienio 1960-1961, apareceu a revista Céltica, Caderno de Estudos Galaico-Portugueses, que fundou e dirixiu Manuel Oliveira Guerra. A súa curta existencia -tirou unicamente catro números- non impide que recoñezamos a súa importancia e interese para a cultura, a literatura e a lingua galegas, que teñen xenerosa acollida nestas páxinas. Nomes como o de Xosé María Álvarez Blázquez, José María Castroviejo, María Victoria Armesto, Celso Emilio Ferreiro, M. González Garcés, Xohana Torres, Pura Vázquez, Uxío Novoneyra, Manuel María, Antón Tovar, xunto cos de Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal entre outros, acreditan a galeguidade destas páxinas que agora recuperamos para coñecelas mellor.
Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o estudantado, o seu director foi o escritor e intelectual Luís Manteiga. Esta edición, preparada por Luís Alonso Girgado, Laura Mariño e Laura Piñeiro Pais, incorpora un amplo estudo introdutorio á revista e reproduce facsimilarmente todos os seus números nunha memoria USB con formato tarxeta.
Verbas amigas reúne máis de medio cento de colaboracións escritas en homenaxe á profesora Blanca-Ana Roig Rechou por mor da súa xubilación. O volume, alén de diversos textos prologais de carácter institucional, incorpora tamén unha extensa cronobiografía sobre a homenaxeada que asinan os editores da publicación.
Vinte e catro achegas de diversos autores e autoras conforman este volume número 44 de Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Xela Arias. Traballos biográficos, literarios e mesmo xornalísticos achégannos á realidade vital e literaria dunha das escritoras máis senlleiras do noso pasado recente
O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente.
Catálogo da exposición "Galicia, un relato no mundo" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas nos temas tratados. Ademais, inclúe textos do escritor Robert MacFarlane.