Catálogo

Amosando 169 - 180 de 604
24,00 €
Autor/a
Rey García
Ramón
Lingua/s
Galego

A Guía legal para autores e artistas de Galicia, do avogado especializado en dereito de autor, Ramón Rey García, é un documento de primeira necesidade para os protagonistas da industria cultural.
Coeditada pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, esta publicación aborda as principais cuestións xurídicas en materia de propiedade intelectual dos principais eidos artísticos e culturais co ánimo de ofrecer coñecemento xurídico da aplicación da lei de propiedade intelectual no ámbito da industria cultural.
Unha obra concibida dende unha vocación divulgativa que, sen obviar o rigor académico e a laboriosidade que implica o estudo do dereito, emprega unha metodoloxía accesible para o lector non xurista e que se ve apoiada, así mesmo, por achegas de expertos nos distintos campos da propiedade intelectual relacionados coas industrias culturais.
Unha obra concibida dende unha vocación divulgativa que, sen obviar o rigor académico e a laboriosidade que implica o estudo do dereito, emprega unha metodoloxía accesible para o lector non xurista e que se ve apoiada, así mesmo, por achegas de expertos nos distintos campos da propiedade intelectual relacionados coas industrias culturais.

13,00 €

A obra é o catálogo da exposición feita polo Arquivo de Galicia que, baixo o título Camiños, paisaxe e patrimonio, pretende ser un percorrido polas grandes vías de comunicación que conducen a Santiago a través de documentos que amosan a súa variedade de paisaxes e bens, tanto mobles como inmobles ou inmateriais.
No catálogo recóllese a totalidade dos documentos expostos e dos documentos explicativos que os acompañan e ten como finalidade potenciar a difusión da exposición.

15,00 €

As Actas del XI Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, tituladas Berenguel de Landoria, son o resultado de dar continuidade ao longo proceso que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago iniciou no ano 1992 e abriu novas fronteiras á investigación. Nesta ocasión reuniuse na cidade de Santiago, do 19 ao 22 de febreiro de 2020, un grupo de profesionais co propósito de afondar na figura de Berenguel de Landoria (arcebispo de Santiago, 1317-1330) así como nun período pouco coñecido e moi rico da historia de Galicia. O congreso pon de manifesto a relevancia dos relatores e a calidade e variedade das intervencións, con recoñecidos investigadores de España, Francia, Italia, Polonia, Portugal e Estados Unidos.

Número doce da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.

16,00 €
Autor/a
Varela
Carme
Lingua/s
Galego

As desterradas, de Carme Varela, conforma o número 26 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia, As desterradas conta os días finais do mosteiro bieito de San Salvador de Albeos, no actual concello de Crecente.

A peza adéntrase no enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos e faino desde o lado das perdedoras, dando voz a aquelas que foron silenciadas, que foron xulgadas sen se poderen defender. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de mulleres que constituían unha reserva de independencia feminina e que viron como o seu mundo caía a cachos ante o poder avasallador da Coroa de Castela.

14,00 €
Autor/a
Losada Galiñáns
Carlos
Lingua/s
Galego

Pois eu!, de Carlos Losada Galiñáns, conforma o número 16 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para rapaces (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, en Pois eu! a compañía de monicreques de Filipa ensaia a súa nova montaxe en que as xentes da vila da Costeira deben facer fronte á avaricia dos señores do castelo, os Lagartorius, e atopar o xeito de ser donas do seu propio destino. Namentres, o cabaleiro andante Filiberto de Cavalcanti, a Sibila de Cumas, metamorfoseada por un feitizo nun corcel branco, e o trobador Andrés de Costeira tentan retomar o control das súas vidas.

9,50 €
Autor/a
Jiménez
Andrea
Lingua/s
Galego

Nº 7 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren con quen xa non está, ao mesmo tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.
Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

7,00 €
Autor/a
Fernández Carrodeguas
Esther
Lingua/s
Galego

República sideral, de Esther F. Carrodeguas, conforma o número 17 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, República sideral é un xoguete cómico terrorífico, unha farsa esperpéntica que leva á escena un interesante episodio da nosa historia: a fundación da República Federal da Illa de Arousa, que tivo lugar durante a Segunda República e que durou unhas poucas horas. A partir deste feito histórico curioso -e grazas ao teatro de cachaporra que tan deostado está nos nosos tempos-, a peza pretende facer reflexionar sobre o absurdo da condición humana, a guerra, as desputas ideolóxicas irresolubles e as mortes gratuítas. Pero República sideral é tamén un espello deformante en que podemos ver o noso presente reflectido para concluir que, por desgraza, é esperpéntico.

30,00 €
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo da exposición Da árbore a cadeira, que fai un percorrido pola historia e actualidade do deseño do moble en Galicia, a partir dos tres pioneiros: Isaac Díaz Pardo, Xosé Bar Boo e Alejandro de la Sota. Consta de dous tomos: un adicado ao bosque e ás árbores de Galicia, e o segundo, ás pezas senlleiras dos deseñadores galegos.

Temáticas