Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (48) faise unha introdución xeral aos arquivos de empresa que se conservan no AHPOu e contextualízanse na economía ourensá dos séculos XIX e XX, marco no que foron xerados.