Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación.
Estudo realizado para a Dirección Xeral de Cultura, sobre o impacto económico e social da rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Guía que ten por obxecto achegarlles ás persoas propietarias, promotoras e redactoras de proxectos criterios de como actuar no territorio histórico dos Camiños de Santiago, de modo que se garanta a salvagarda das súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas, e ao mesmo tempo se facilite e se axilice o proceso de obtención das correspondentes licenzas ao dispoñer de recursos e información complementaria de axuda.
Para o obxecto de facer máis doada a consulta, a guía organízase nunha serie de fichas que se agrupan en 6 capítulos.
Axencia Galega das Idustrias Culturais. Memoria 2021 é unha recompilación en textos e fotografías da actividade realizada polo devandito ente instrumental da Xunta de Galicia ao longo do pasado ano. Estrutúrase en tres bloques temáticos, que se corresponden cos sectores culturais obxecto da competencia da Agadic: artes escénicas, audiovisuais e música, ademais dun cuarto apartado dedicado a accións de carácter transversal. A última parte contén distintas táboas e anexos de datos e cómputos, onde se relacionan as subvencións concedidas, os principais programas culturais promovidos e mais os convenios asinados.
Informe de oportunidades sobre as industrias culturais e creativas realizadas dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Informe de oportunidades sobre as industrias culturais e creativas realizadas dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Informe de oportunidades sobre as industrias culturais e creativas realizadas dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Catálogo da exposición, con 144 imaxes, que ilustran a presenza dos nenos e as nenas nos documentos custodiados polo AHP Lugo, estruturados en 7 seccións que percorren a multiplicidade de espazos, tempos e actividades en que participan. As sete seccións titúlanse: tempo de saúde, tempo de familia, tempo de aprender, tempo de lecer, tempo de festa, tempo de deporte e tempo de traballo.
O autor deste traballo, Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia desde 1986 ata 1995, analiza as condicións que propiciaron a investigación neste arquivo, como a existencia de ricas fontes documentais, os procesos de incorporación -e destrución- de documentos, e do interese das súas informacións para os distintos tipos de usuarios.